2013 O Caballiño, novas historias, vellas
fotografías
Chega
esta segunda entrega de fotografías comparativas do Carballiño dos anos 1950-70 respecto de hoxe ó prelo, nun intre en que a dinámica
da construción está precisamente baixo mínimos e toda aquela furibunda
actividade que se desenvolvía no sector inmobiliario está ó ralentí ou case que
parada.
Non
imos aquí analizar os factores que propiciaron esta situación, pero si que
pretendo chamar a atención do lector deste libriño de festas con unha mostra
comparativa de fotografías feitas hai máis de medio século respecto do que é o
Carballiño que temos na actualidade.
Non
quero pasar sen citar que as fotos do Carballiño feitas entre os anos 1950 e
1970, en branco e negro por suposto, corresponden a fotógrafos locais en algúns
casos e a outros vidos da capital e que se deixaban ver por estes lares como
parte da súa profesión. Nomes como Campinas, Felipe Luis López, O Rizo, Valín,
Villar, e outros que conforman una boa lista foron os que captaron as primeiras
imaxes que agora serven de base para comparar entre aquel Carballiño en período
de formación e o Carballiño que nos está tocando vivir.
Lembrarse
do Carballiño que foi no período de 1970 a 1980, é tamén traer á memoria a
referencia que o Rei Juan Carlos lle fixo ó nese momento alcalde Javier Perea
“Menudo Nuevayorcito teneis aquí”, en aberta reflexión sobre a proliferación de
“edificios pirulo” que a vila estaba a experimentar. Hoxe en día, con esa
situación xa case superada e con un Plan Xeral de Ordenación Urbana en práctica
esperemos que estean asentadas as bases de unha nova vila con proxección de
futuro racional.
O
Carballiño que veremos nestas series de fotos antigas é o de una vila anterior
a esa visita real, fronte ó que é hoxe ese mesmo espazo ou lugar. O paso do
tempo entre unha e outra fotografía a uns faraos pensar sobre a transformación
da vila, a outros traeralles lembranzas de máis de medio século atrás, a outros
de cando foi neno, mozo, etc., etc...
Finalmente
romper unha lanza por esas fotos antigas, case amarelas, feitas en papel-cartón ou similar soporte e
que nada teñen que ver ca actual forma de representalas hoxe; refírome a esas
fotos antigas, que previamente dixitalizadas e montadas en soporte informático
adquiren a falsa apariencia de un 3D, ou de foto en movemento, pero que en modo
algún reflicten a verdadeira realidade da instantánea no seu momento tomada. En
definitiva, nin é animación de imaxes nin é fotografía histórica, é, no meu
ver, unha chapuza feita por razóns pecuniarias sen o máis mínimo respecto pola
historia que representan.